O Langreo saca petróleo en As Eiroas


O Bergantiños perdeu pola mínima un partido de escasa produción ofensiva onde a diferenza marcouna o xogador visitante Pana en forma de gol no minuto 62, tras un saque de banda, nun partido no que o lateral Aarón e o extremo Martín Lamelas continuaron de baixa. O Langreo tamén acudiu á cita con baixas, como a de Dorian (que está a realizar un brillante papel na Copa de África con Guinea) ou Abel. Non eran escusas para o conxunto asturiano, que plantou cara ao encontro con contundencia en todo momento. Tras o gol do Langreo, Lemos moveu ficha e deu entrada ao campo a Jorge Cano e Uxío en substitución de Boedo e Yelco Alfaya, pero o marcador xa non se movería. Con esta vitoria a domicilio, o equipo de Samuel Baños ocupa o sexto posto con 26 puntos, mentres que o conxunto carballés dirixido por José Luis Lemos Ameneiro situouse en oitavo lugar con 25 puntos.