O Laracha campión da Copa da Coruña tras impoñerse ao Club do Mar nos penaltis

1 minutes read

Partido moi igualado o vivido este venres en Riazor onde o Club do Mar tomou vantaxe no marcador grazas ao tanto de Tiago, quen tras recibir na frontal da área conectou un gran dereitazo que entrou na portería de Pose no minuto dez de partido. O Laracha igualou o encontro no 32 tras un remate de cabeza de Alberto Díaz despois dun saque de esquina. Coas táboas no marcador 1-1 chegaríase ao descanso. Na segunda parte, respecto mutuo, poucas xogadas de gol e o marcador xa non se movería. Na prórroga máis do mesmo, polo que os penaltis decantaron a final a favor do Laracha, que non fallou ningún dos seus intentos, para colofón o gardameta Pablo bloqueou o disparo de Moscoso. Desta forma o Laracha CF levantou o seu cuarto trofeo da Copa da Coruña.