O larachés José Veiga está á fronte da asociación de Servizos de Festas de Galicia

1 minutes read
  • Desde a asociación de Servizos de Festas de Galicia, creada recentemente, reclaman axudas para para o sector.

Mal momento para toda a xente que vive ao redor da verbena galega, tanto directa como indirectamente. Polveiros, rosquilleiras, fabricantes de xeo ou fogueteiros son só un principio dunha gran lista de afectados pola suspensión das festas romarias e verbenas por culpa da pandemia da covid, e o letargo xa pasa dun ano. Moitos destes profesionais decidiron xuntarse para tratar de reclamar con mais forza os seus dereitos e fundaron fai unhas semanas a asociación de Servizos de Festas de Galicia (SERFEGA). A fronte está o empresario larachés José Veiga Cruz.

Veiga afirma que «A facturación do sector o ano pasado foi nula. Ao mellor algún puido instalar unha carpa para hostalería pero non chegamos ao 10 ou 20% da facturación. Tendo en conta que hai que pagar os seguros sociais, os alugueiros de naves, créditos, material e todo o investimento que había feito para empezar a tempada porque tiñamos a tempada preparada para empezar». 

«Estamos pedindo que nos inclúan igual ca un sector que o pararan directamente. Pouco importa que digan que non se paran os servizos, cando os servizos, se non hai festas, non poden traballar. O que pedimos é un rescate e un xeito de poder traballar de aquí para adiante. Se non se pode seguir, entendémolo. Pero haberá que rescatar o sector para que poida sobrevivir porque se non a metade dos servizos desaparecerían», conclúe José Veiga.