O lecer nocturno regresou con forza a Galicia

Pista de baile de Chanteclair este pasado sábado.

A noite empeza a coller ritmo logo de moitos meses no letargo polas restricións causadas pola pandemia do coronavirus. Os empresarios apuntan que ‘aínda é pronto’ para valorar plenamente o efecto que supón a retirada das restricións no lecer nocturno, que entrou en vigor o pasado sábado. A sensación comeza a ser esperanzadora nun dos sectores máis castigados polas medidas impostas polas diferentes administracións, e como apuntan desde o sector, en ocasións ‘pouco xustas’. Certo é que o que pasou pasou e agora cabe mirar cara ao futuro con ‘esperanza e ilusión’, pero con seguridade.

Un dos locais de moda que palpou o regreso á nova normalidade do mundo da noite é a mítica sala Chanteclair, situada en Pontecesures, fronteira das provincias da Coruña e Pontevedra, e que leva máis de catro décadas reinventándose para divertir ao seu público, ofrecendo as actuacións de centos de artistas. Lonxe das grandes urbes, pero rexurdiu como a escuma, a dirección da sala está a facer unha potente aposta para que así sexa, organizando festas e actuacións temáticas cada fin de semana. Con capacidade para máis de mil persoas, de momento, todos son bos agoiros, ‘nótase que os mozos teñen ganas de bailar, de volver gozar bailando’.

Cun cartel de luxo na sala, ‘Noche de Leyendas’, nomenglatura da festa do ‘regreso’, Chanteclair púxose patas para arriba este sabado. Dj Son1c, Marcos Magán, Dj Marta, Dj Goro e a actuación estelar de Natalie Horler, unha vocalista mítica da década dos 2000, á fronte do grupo alemán de eurodance que vira baixo o nome de Cascada, fixeron o delirio de centenares de mozos chegados de diferentes puntos de Galicia. Todos co certificado de vacinación presente, documento imprescindible para acceder ao local, gozaron da boa música e o bo ambiente, algo moi estrañado xa despois de tanto tempo.

Actuación de Natalie Horler – Cascada-

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha