O legado de Carlos Maside xa forma parte do patrimonio público de Santiago

O legado de Carlos Maside pode verse na exposición que se abriu este xoves no Pazo de Fonseca de Santiago de Compostela. A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, destacou que con esta operación dáse un paso adiante na recuperación da identidade cultural da cidade. A compra das 21 obras que a configuran foi cofinanciada polo Consorcio de Santiago de Compostela, entidade coa que a Deputación da Coruña asinou o convenio para a adquisición da colección que era propiedade das persoas herdeiras de Carlos Maside.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha