O líder de Wagner xustifica que quería salvar ao seu grupo paramilitar 

1 minutes read

Nunha primeira mensaxe de audio desde o fin da súa rebelión armada o sábado pola noite, o líder de Wagner afirmou este luns que o seu obxectivo non era derrocar ao poder ruso, senón salvar ao seu grupo paramilitar. Prigozhin explica, tamén, que os seus homes recibiran o apoio dos residentes locais durante a súa rebelión en Rusia. Apuntou que “só uns poucos/pouos combatentes do exército privado accederon a asinar o contrato co Ministerio de Defensa” e engadiu que a obrigación de subordinarse a Shoigú e ao xefe do Estado Maior, Valeri Guerásimov, púxose sobre a mesa “no momento menos adecuado”. A pinga que colmou o vaso da paciencia de Prigozhin foi o suposto bombardeo con mísiles por parte das forzas rusas dun campamento dos mercenarios na retagarda rusa en Ucraína.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?