O liño, protagonista da derradeira sesión da Mostra de Artesanía Viva no Castelo de Vimianzo

1 minutes read
  • Celebrarase este sábado, 28 de agosto, ás 11:00 horas na fortaleza soneirá

A Mostra de Artesanía Viva de Vimianzo pechará o seu programa de verán co liño como protagonista. A derradeira sesión realizarase este sábado a partir das 11:00 horas.

Neste espazo daranse a coñecer os pormenores da técnica de confección de liño grazas ao traballo da Asociación de Amigos do Liño de Galicia, cuxos representantes axudarán aos alí presentes a elaborar e tratar este material centenario.

As persoas interesadas en participar na actividade poderán inscribirse no enderezo web da Administración local. Haberá un máximo de 12 prazas por obradoiro e estará organizado seguindo as recomendacións sanitarias vixentes. Será obrigatorio o uso de máscara sanitaria.