O litoral galego, en alerta vermella este sábado por vento e temporal

Temporal en Barizo_nhdiario.

  • Haberá refachos de vento que poderán alcanzar os 140km/h no norte da provincia da Coruña e na Mariña lucense

Fabien, a nova borrasca que entrará en España por Galicia, é o responsable de que a partir deste sábado 21 de decembro se active a alerta vermella por temporal, segundo comunicou a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta.

A Xunta de Galicia activou a alerta laranxa en toda a comunidade por ventos moi fortes, que comezarán a sentirse nas primeiras horas do sábado e que poderán alcanzar os 100 km/h.

Pero son a Mariña de Lugo e o norte da provincia de A Coruña, é dicir, desde a Costa da Morte ata Estaca de Bares, as que a primeira hora da tarde entrarán en alerta vermella por refachos de vento furacanados que poderán alcanzar os 140km/h, e onde o mar contará con ondas de ata os 9 metros.

O Goberno galego aconsella a suspensión das actividades pesqueiras, marisqueiras e deportivas nas zonas máis perigosas, así como extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade non mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha