O Liverpool é o novo campión de Europa

O Liverpool coroouse campión da Champions League 2018-2019 tras gañar por 2-0 ao Tottenham Hotspur nun impoñente Wanda Metropolitano, en Madrid, con tribunas cheas de sonoros seguidores que non se cansaron de alentar aos seus equipos durante todo o encontro.

Antecedido dun minuto de silencio en homenaxe ao futbolista español José Antonio Reyes, falecido este domingo nun accidente de coche. A final da Champions League entre o Liverpool e o Tottenham comezou cun tanto madrugador, un gol de penalti (moi polémico) de Salah aos dous minutos e outro tanto de Origi preto do final, cando os ‘ spurs’ daban as súas últimas rabexadas. 0-2 gañou o Liverpool e é o novo Rey de Europa, o equipo que sucede ao Real Madrid no trono.

É a sexta Copa de Europa dos ‘ reds’, a primeira para Jürgen Klopp, que perdera dúas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha