O Luceros venceu no seu feudo ao Calvo Xiria (35-33)

O Calvo Xiria balonmán viaxou a Cangas para enfrontarse ao Automanía Luceros. Os locais querían asegurar a permanencia e conseguírono. O partido estivo moi igualado, 19-19 ao descanso. O Calvo Xiria foi por diante en varios compases do segundo tempo, chegando a estar con ata catro goles de vantaxe no minuto 16. Boas definicións en ataque permitíronlle ao Automanía Luceros revivir no Gatañal e dar o sorpaso nos últimos minutos. Ao final, 35-33.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha