O Consello de Administración do Lugo decidiu destituir a Eloy Jiménez, informou o club nun breve comunicado a través das súas redes sociais. A decisión tomárona pola traxectoria do equipo na primeira volta e «coa vontade de reconducir a situación»
O técnico manchego xa o parecía agardar na súa última comparecencia. O sábado pasado logo de empatar co Málaga preguntábanlle pola súa continuidade e respondía así: «Non penso niso só penso nos meus xogadores, en traballar cada día e os adestradores vivimos de resultados. Que fagan o que teñan que facer e se non están contentos pois xa saben o que hai».
O Lugo destitúe a Eloy e busca xa un substituto.