45
O Lugo conseguiu gañarlle ao Leganés no Anxo Carro tras unha polémica xogada que decidiu o VAR, por un posible penalti a Valentín. A xogada segue e Bastón pode marcar para o Leganés. Ocón Arráiz acaba sinalando o penalti que marca Manu Barreiro para a vitoria local 2-1 no minuto 87, con anterioridade xa marcara Rodríguez no minuto 64. Os de Juanfrán xa teñen a cabeza no próximo partido fronte ao Almería, de novo na casa.