O lume e a calima provocan o caos na illa de Gran Canaria

1 minutes read

Volve o pesadelo do lume a Gran Canaria. Un incendio, que se iniciou na tarde do sábado, reduciu a cinzas varias casas e obrigou ás autoridades canarias a evacuar o termo municipal de Taxarche, na Aldea de San Nicolás. As chamas estendéronse ao longo dunha área de vinte e cinco hectáreas e obrigaron ao Cabildo da illa a solicitar a colaboración da Unidade MiIitar de Emerxencias, UME. A loita contra os focos activos complicouse pola presenza de calima no arquipélago canario. As partículas de area en suspensión, cuxa densidade dificulta enormemente a visibilidade, provocaron o peche dos aeroportos de Tenerife Norte, Tenerife Sur e de Gran Canaria. A calima prococou, ademais, a cancelación dos actos carnavaleros previstos para este domingo nas Palmas.