O luns 11 abre o prazo de inscrición en Ponteceso para participar na excursión ás Rías Baixas

No Concello de Ponteceso volven a poñerse en ruta para dar a benvida á primavera desde un dos lugares máis fermosos, turísticos e internacionais de toda a xeografía galega: as Rías Baixas. Nesta ocasión, as localidades de Pontevedra, Combarro e O Grove serán os novos destinos dos veciños e veciñas que participen na excursión que a Concellaría de Servizos Sociais ten previsto realizar o próximo sábado 23, dentro da programación de ocio e tempo libre dirixida aos maiores de Ponteceso.

Ter máis de 55 anos e estar empadroado/a no municipio de Pondal son os únicos requisitos que deberán reunir as persoas que estean interesadas en formar parte da que será a terceira excursión no que vai de ano, tras a realizada á comarca do Deza e ás localidades de Verín-Allariz.

Cartel anunciador do evento.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha