O luns 16 comeza o período voluntario para facer o pago dos recibos correspondentes aos impostos sobre bens inmobles (IBI) e sobre actividades económicas (IAE). Como é habitual, nos vindeiros días chegarán aos fogares carballeses as cartas informativas enviadas pola Concellería de Facenda.
Ao mesmo tempo, dende o día 10, e durante o prazo dun mes, os padróns están expostos ao público e poden examinarse no Servizo de Xestión Tributaria do Concello de Carballo.
O período voluntario de pago estará aberto ata o 20 de novembro. Os contribuíntes que non teñan domiciliados os recibos poderán facelos efectivos nas oficinas do Servizo de Recadación Municipal, na rúa Camiño Novo, nº 7, entreplanta Galerías Comerciais, de luns a xoves en horario de 09:00 a 13:30 e de 16:00 a 18:30, e os venres de 08:00 a 14:00 horas. Tamén se poden domiciliar os recibos ata o día 11 de outubro nas propias oficinas da Recadación. Os cargos nas contas bancarias realizaranse a partir do 16 de outubro.