Pistoletazo de saída á que sera a tempada 17 de «As mañás de Frisco » o vindeiro luns 30 de agosto na sintonía de Nova Hit Radio. Programa dirixido e presentado por Frisco Taibo, un dos radio dj’ s máis respectado das ondas, cunha traxectoria notable e que conseguiu consolidar o seu radio show en Nova Hit sendo o programa de radio musical máis escoitado na súa zona de influencia.
O programa logrou enganchar non só aos oíntes que levan consumindo radio formula toda a súa vida senón tambien ao publico xuvenil, coincidindo cunha época na que se afirma que a radio musical non logra captar á xente nova. No radio show poden soar desde Rick Ashley, Spice Girls, Backstreet Boys, Simple Minds…., os imprescindibles Rauw Alejandro, Nicky Jam, Bad Bunny, Lola Indigo, Maroon 5… ou por exemplo as cancións que son tendencia en redes sociais, co cal o abanico de público que abarca é moi amplo.
A tempada empeza potente
Nova Hit é a única emisora na súa área de cobertura que realiza 8 horas diarias de programación en directo e durante o mes de setembro Frisco xa confirmou a presenza de artistas como Selena Leo, Tutto Duran, Miguel Saez, Rafa Sánchez ou Xuso Jones, que terán protagonismo máis que notable en Nova Hit cada xoves, e cos que charlará en directo.
As Mañás de Frisco
Directo de Luns a Venres de 10.00 h a 14.00 h en Nova Hit Radio, Music Non Stop con bo feeling, moita enerxía e todos os números 1 do momento salpicado cos clásicos Hit, entrevistas, participación dos oíntes e moito máis. Sintoniza a través da FM ou escoita en www.novahit.net

