O LXXIV Trofeo Teresa Herrera queda na Coruña


Un Deportivo superior ao Betis impúxose con un gol de Bóveda no Trofeo Teresa Herrera e agradou á afección que se deu cita en Riazor. A diferenza de categoría non se notou sobre o céspede e os galegos meteron un xute de ilusión a unha inchada que estaba á expectativa pola redución do tope salarial que terán esta campaña. O Betis, pola súa banda, non deu unha boa sensación a poucos días de iniciarse a liga.