O MACCMO de Corme acolleu a presentación do libro de Encarnación Pisonero “A estrela de anís”


Este sábado o Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte, en Corme, acolleu a presentación do libro de poemas “A estrela de anís” da escritora, nada en Villalba de la Loma (Valladolid), Encarnación Pisonero.
O acto foi presentado pola artista Carlota Cuesta e Ánxeles Penas, tradutora ao galego da obra, ofreceu a presentación do libro de poemas. Amais, Penas, realizou a lectura dalgúns poemas da obra en galego.
Ánxeles Penas
Ánxeles Penas (Teixeiro, Curtis, 1943) cursou os estudos de Filosofía e Letras en Santiago de Compostela e de Belas Artes en San Fernando (Madrid), especializándose en escultura. Amais a poeta galega, estudou música no Conservatorio da Coruña e Maxisterio. Ánxeles Penas, artista
polifacética, ten a dobre faceta de escultora e pintora. Amais, talla en madeira, pedra e ensamblaxe, fai litografía, xilografía, pintura ao óleo, acrílico. Ten no se haber nove premios literarios, entre eles, o Premio Nacional “Jorge Manrique” (1971) e na actualidade adícase ademais a escribir sobre arte. Destaca tamén o traballo de Ánxeles Penas como crítica de arte en El Ideal Gallego de A Coruña. Tivo durante moitos anos unha sección fixa en La Voz de Galicia, sobre temas de cultura na nosa terra, co título de “Faíscas”