- A presentación será ás 12:30 horas
O Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte-MACCMO de Corme (Ponteceso) continúa apostando pola cultura acollendo este sábado 7 de agosto, a partir das 12:30 horas, a inauguración da exposición Abelenda – Íntimo e inédito grazas á Fundación Torre-Pujales.
Como obra principal a mostra contará cun gran cadro de 1997, titulado Autorretrato ou máscara cos pinceis, unha atrevida visión do último retrato A máscara mortuoria. Este cadro tan só se expuxo ao público no seu funeral e agora estará no MACCMO grazas ao seu fillo.
Alfonso Abelenda (A Coruña, 1931-2019) foi un dos grandes creadores plásticos galegos. A obra pictórica de Abelenda parte da gran pintura española de artistas como Goya, Velázquez ou Solana, para logo chegar á modernidade coa que xoga co Pop, o humor e o expresionismo.
A súa obra plástica e os seus debuxos de humor en diversos medios (recibindo por estes últimos o premio Planeta Agromán), foron coñecidos en todo o territorio español. Expuxo no Pavillón de España da Expo Mundial de Bruxelas, na Expo Mundial de Nova Iorque, Exposición francesa en Moscú, en Tetúan, en Rabat, en Caracas ou en México D.F. Abelenda tamén colaborou amais no cine como Manolo Summers na serie Cine por un tubo para TVE.