O MACCMO, en Corme, acollerá este martes a Xornada de Divulgación do Patrimonio Subacuático da Costa da Morte

2 minutes read

O vindeiro martes 29 de setembro, de 11.00 a 13.00 horas, o Museo de Arte Contemporáneo da Costa da Morte (MACCMO), en Corme, acollerá a Xornada de Divulgación do Patrimonio Subacuático da Costa da Morte, unha iniciativa enmarcada no proxecto “Sabor a Mar con R”, impulsado pola APTCM, na que colabora a Asociación Cultural Insua de Viastela xunto co Concello de Ponteceso.


A xornada abrirase cunha benvida institucional a cargo de José Manuel Mato Martínez, alcalde de Ponteceso, e de Pepe Formoso, presidente da APTCM. A continuación, presentarase o micromanual sobre a orixe do macrotopónimo “Costa da Morte”, obra de Fernando Patricio Cortizo.

O programa continuará coas seguintes intervencións:

  • “O réxime xurídico do patrimonio arqueolóxico subacuático de Galicia”, por Ángel Carreira Díaz, arqueólogo da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.
  • “A riqueza do patrimonio subacuático de Corme. Un recurso para o futuro”, por Suso Lista, escritor e presidente da Asociación Cultural Insua de Viastela.

Para pechar o encontro, terá lugar unha mesa redonda entre o público e os poñentes, aberta ao debate e ao intercambio de opinións sobre a protección e a posta en valor do patrimonio que agochan as augas da nosa costa.

Entrada de balde, previa inscrición


A asistencia é gratuíta, pero é necesario inscribirse previamente no seguinte formulario:
https://forms.gle/DEScmQuZ1HBsc33w7


Unha aposta da Asociación Cultural Insua de Viastela


Para a Asociación Cultural Insua de Viastela, esta xornada é unha actividade pola que aposta con especial interese, xa que contribúe a dar a coñecer, valorar e protexer o patrimonio subacuático da Costa da Morte e, en particular, o de Corme, entendido como un recurso de futuro para o territorio. Por iso invita a veciñanza, ás entidades e a todas as persoas
interesadas a participar nesta cita.


O proxecto “Sabor a Mar con R” está cofinanciado pola Unión Europea e pola Xunta de Galicia, a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Costa da Morte, e conta coa colaboración do Concello de Ponteceso e da Asociación Cultural Insua de Viastela.

Datos da actividade

  • Que: Xornada de Divulgación do Patrimonio Subacuático da Costa da Morte
  • Cando: martes 29 de setembro de 2026, de 11.00 a 13.00 h
  • Onde: Museo de Arte Contemporáneo da Costa da Morte (MACCMO), Corme, Ponteceso
  • Entrada: gratuíta, con inscrición previa: https://forms.gle/DEScmQuZ1HBsc33w7