O mago Dani García ofrecerá en Razo o seu espectáculo «Galdaka»

0 minutes read

Gadalka é un espectáculo de maxia pensado para o desfrute das familias, que naceu como un evento de proximidade en tempos de pandemia e agora chega, este mércores de 13 a 16 horas, á praia de Razo para abrir de par en par as portas da pequena caseta de feira na que se desenvolve a acción. As persoas asistentes vivirán unha experiencia máxica a poucos centímetros. Esta nova proposta do mago Dani García forma parte da programación do Verán Cultural do Concello de Carballo, e conta co apoio da Deputación da Coruña.