O Mago Rafa é un ilusionista nado en Lugo que leva máis de 15 anos traballando con dous obxectivos comúns, divertir e sorprender. Durante todos estes anos traballou para conseguir un estilo que o caracteriza, a proximidade. Os seus espectáculos baséanse na proximidade co público, de maneira que eles marquen o ritmo da diversión para dar lugar á sorpresa.
Proximidade que utiliza para aproximar aos espectadores a un mundo de fantasía onde vive o mentalismo, as adiviñacións, as viaxes de obxectos imposibles.. pero sempre coa súa tarxeta de presentación: Un humor cotián e desenfadado para facer gozar a públicos de todas as idades. Ten diferentes espectáculos para colexios, ceas de empresa, teatros, festas privadas etc. que se adaptan totalmente ás necesidades do cliente.
O Mago Rafa tamén recoñece a súa faceta de presentador, lugar no que sente moi cómodo porque lle ofrece un amplo abanico de posibilidades á hora de comunicar. Foi colaborador de diferentes programas de televisión e tivo un espazo semanal de 30 minutos en Cadea Ser onde realizaba Maxia pola Radio mentres falaba da Historia da Maxia.
O Mago Rafa presentará este próximo martes 27, ás 18:00 horas no Pazo da Cultura de Carballo, un espectáculo divertido e dinámico, cargado de imaxinación e de momentos espectaculares, no que as sorpresas serán constantes. A maxia, o humor e as ilusións son un plan perfecto para que o público familiar viaxe polas diferentes ramas da arte da maxia. Organizado polo Concello de Carballo coa colaboración da Deputación da Coruña, a sesión terá unha duración de 60 minutos. O prezo da entrada: 3€/2€ (máis gastos de xestión).