Serán as obras de ampliación e mellora da seguridade da estrada provincial DP 9203 de Caxadas a Baíñas, e así o explicou o o presidente provincial, Valentín González Formoso.
As obras permitirán construír unha senda peonil de case dous quilómetros de lonxitude e mellorar o sinuoso trazado actual da vía no núcleo de Padreiro, que presenta curvas perigosas nas que se rexistra unha elevada sinistralidade.
A necesidade de acometer unha mellora integral da seguridade desta vía foi unha das cuestións prioritarias que a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, lle trasladou ao presidente provincial desde o inicio do actual mandato.
A Deputación deu agora luz verde definitiva a esta importante obra coa publicación da licitación, que estará aberta ata o 6 de abril para que as empresas presenten as súas ofertas.