O mal tempo apraza para o día 23 a manifestación da ANPA do Xallas

1 minutes read

A ANPA do Xallas emitiu un comunicado informando que se ven obrigados a aprazar a manifestación que estaba prevista para este venres pola alerta laranxa meteorolóxica.

“Decidimos aprazar a manifestación para o día 23 de febreiro debido a que para a semana que ven ao ser os días tan preto das eleccións cremos que non sería o momento máis oportuno e queremos que coa nosa manifestación acudan todas as familias convencidas de que a nosa causa non é política, senón que o único que pedimos é que, estea quen estea no goberno, nos proporcione unhas instalacións hixiénicas e seguras para o alumnado e traballadores do centro”, afirmaban dende a ANPA.

A concentración será ás 16:30 horas no CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza, no aparcadoiro dos autobuses.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?