O mal tempo apraza para o día 23 a manifestación da ANPA do Xallas

A ANPA do Xallas emitiu un comunicado informando que se ven obrigados a aprazar a manifestación que estaba prevista para este venres pola alerta laranxa meteorolóxica.

«Decidimos aprazar a manifestación para o día 23 de febreiro debido a que para a semana que ven ao ser os días tan preto das eleccións cremos que non sería o momento máis oportuno e queremos que coa nosa manifestación acudan todas as familias convencidas de que a nosa causa non é política, senón que o único que pedimos é que, estea quen estea no goberno, nos proporcione unhas instalacións hixiénicas e seguras para o alumnado e traballadores do centro», afirmaban dende a ANPA.

A concentración será ás 16:30 horas no CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza, no aparcadoiro dos autobuses.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha