O mal tempo botou por terra as previsións do autocrós en Carballo

1 minutes read

A forte choiva obrigou a suspender as carreiras das distintas finais e tívose que decidir aos vencedores e postos de honra polos puntos acumulados nas mangas clasificatorias.

Clasificacións:

1600 centímetros cúbicos, primeiro, Antonio López Lence, de Pontevedra 1986 Team; segundo, David Moreira, de Galicia Motorspor; e terceiro, Marcos M. Rodríguez. O piloto carballés Dani Castro, acabou 7.º, o que lle serve para certificar o subcampeonato galego.

En menos de 1600 cc gañou Martín Castro, de Arteixomotor; seguido do seu compañeiro Javi Lea Casal; e do coristanqués Alejandro Martínez Mira (Máis Motor).

En Carcross gañou o malpicán Sergio Bastón (Máis Motor), seguido do carballés Javier Ramilo, Kovas, que xa era campión galego antes de disputarse esta carreira. A terceira praza foi para Daniel Rey Novo, de Arteixo Motor.

En Carcross Júnior impúxose Diego García (Senra Sport), seguido de Iago Rodríguez (A. Arteixo) e de Yésica Lorenzo.