O mal tempo condicionou este mércores a sucesión de varios accidentes de tráfico

1 minutes read

Cinco coches víronse implicados nun accidente de tráfico ocorrido este mércores na AG-55, houbo varios feridos leves e cuantiosos danos materiais. A Garda Civil de Tráfico, o 061 e o servizo de mantemento da autoestrada atenderon a incidencia. En Carballo tamén houbo un accidente dun camión, ademáis dun atropelo dun can na rúa Compostela, que causou un atasco de tráfico considerable, en parte a que a rúa xa está condicionada semaforicamente por obras, a Policía Local atendeu estes sinistros en primeira instancia. Unha persoa tamén resultou ferida de consideración tras unha saída da vía cando circulaba polo lugar da Ameixenda, en Cee, o turismo envorcou sobre o teito. Bombeiros de Cee e Garda Civil de Tráfico acudiron en auxilio, así como unha ambulancia do 061 que trasladou ao ferido ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.