Este domingo 26 de outubro, nova data para o Campionato Galego de Trial aprazado polo mal tempo en Vimianzo

O monte Faro ía ser o pasado domingo 19 de outubro, por segundo ano consecutivo, o escenario dunha das probas valedoiras para o Campionato Galego de Trial, que achegaba ata o municipio a centos de afeccionados deste deporte organizada polo Moto Club O Petouco en colaboración coa Federación Galega de Motociclismo e o Concello de Vimianzo. Por mor da perigosa situación derivada das malas condicións meteorolóxicas a organización comunicaba que quedaba suspendido ata nova orde. Esa nova orde era comunicada na tarde deste luns, e a cita será o vindeiro domingo, 26 de outubro, no monte Faro.

Related posts

346 nadadores-as de 24 equipos lembraron en Carballo a Pedro Luis Fernández Pombo

Choque vital por afianzarse na zona media-alta da táboa de clasificación entre Calvo Xiria e G.I. Carballal

Retomados os traballos no campo de fútbol Platas Reinoso de Baio