O mal tempo suspende actos ao aire libre no Día das Letras

0 minutes read

Vento e choiva foron protagonistas na mañán deste 17 de maio e condicionaron a celebración de vistosos actos ao aire libre no Día das Letras Galegas. En Carballo as actuacións da Banda de Gaitas Municipal e o concerto da Banda de Música Municipal celebráronse a cuberto no segundo andar do Mercado.

Actuación da Banda de Gaitas Municipal.

A plataforma Queremos Galego baixo o lema “Máis que nunca, Queremos Galego”, estivo presente na concentración celebrada no xardín municipal de Carballo. Varias persoas leron manifestos reinvindicativos pola falta do uso do noso idioma no día a día.