O marisquiño converte Vigo na capital mundial do deporte urbano

Marisquiño 2019_Arquivo.

  • A organización calcula que poden superar os 150.000 espectadores.

Vigo está está chea de skaters e de «riders» por mor da décimonovena edición do Marisquiño: o festival de deporte e cultura urbana. A organización agarda superar os cento sesenta mil espectadores de anteriores edicións

O circuíto de Dirt Jump cos seus pinchacarneiros imposibles foi unha das grandes atraccións deste sábado. Tamén puidemos ver a competición sub-13 de BMX con forte presenza catalá.
O Marisquiño ten un público estimado de 160.000 persoas entre vigueses e turistas. Todos poderán gozar das máis variadas disciplinas do deporte urbano.

Ademais dos deportes como en anteriores edicións haberá concertos de balde durante toda a fin de semana e abundantes opcións para comer e petiscar, ademais da tradicional hostalería da zona do Náutico e das Avenidas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha