O martes 12 será o primeiro debate no Congreso sobre a lei de amnistía

Tramitarase pola vía de urxencia, o que recurtará os prazos á metade. Os partidarios da amnistía teñen a posibilidade de que se tramite por lectura única. Esa opción permitiría aprobala no Congreso antes de finais de ano, pero semella que esta opción non está sobre a mesa. A idea inicial é habilitar o mes de xaneiro para que norma poida discutirse en relatorio e comisión. Os socialistas defenden que a lei de amnistía vai permitir mellorar a convivencia fronte aos que buscan a confrontación. Para o PP, representa o peor da democracia española. Di Feijóo que na orixe desta lei hai «corrupción política», porque se compraron votos para a investidura a cambio de impunidade xudicial. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha