Blinken aterrou este domingo en Turquía para comprobar o estado das zonas afectadas polo terremoto do pasado seis de febreiro, quere mostrar a súa solidariedade cos damnificados e dar o pésame á familias.
A axenda do primeiro día incluíu a provincia de Hatay e a periferia da cidade de Adana. Tamén se viu cos equipos de rescate enviados polo seu país e coa organización siria Cascos Brancos, e entrevistarase co seu homólogo turco, Mevlüt Çavusoglu, en Ankara.
É a primeira visita de Blinken a Turquía, tradicional aliado dos Estados Unidos na OTAN, pero co que a Casa Branca mantén tensións diplomáticas desde hai anos. A seguinte parada da súa viaxe será Grecia, tras participar tamén na Conferencia de Seguridade de Múnic. Ata o momento o sismo deixou 45.000 mortos, 40.000 en Turquía.