O Mediterráneo segue a ser un cemiterio de migrantes

1 minutes read

Polo menos 1.807 migrantes morreron ou desapareceron nas rutas do Mediterráneo ao tentar chegar a Europa desde o norte de África ou Oriente Medio, segundo as cifras actualizadas ata hoxe pola Organización Internacional para as Migracións de Nacións Unidas (OIM), que se teme poderían aumentar rapidamente coa chegada do verán e o aumento das travesías. Segundo as cifras que actualiza practicamente a diario este organismo a través da súa web de estatísticas Proxecto Migrantes Desaparecidos, a ruta central (desde o norte de África a Italia ou Malta) mantense como a ruta máis perigoso, con 1.064 mortos ou desaparecidos nestes primeiros seis meses de ano.