O Melga de Ponteceso amplía o seu horario durante a Semana Santa

1 minutes read
  • De luns a domingo abrirá de 10 a 14 horas, e os sábados pola tarde farao de 16 a 20 horas

O Museo Etnolúdico de Galicia (Melga), en Ponteceso, amplía o seu horario de apertura ao público durante a Semana Santa, como en anos anteriores, debido á gran recepción de visitantes durante estas datas.

Así, o novo horario ata o 4 de abril será de luns a domingo, de 10:00 a 14:00 horas, abrindo tamén os sábados pola tarde de 16:00 a 20:00 horas.

Este horario será tanto para visitas guiadas como particulares ou libres, e desde a organización lembran que se deberá respectar a hora antes do peche para visitar o museo como último pase.