O mellor da literatura galega actual xa está na PLIC

1 minutes read

Este xoves inaugurouse no xardín municipal de Carballo a Praza dos Libros, a PLIC. Coincidindo co mercado dos xoves e co bo tempo houbo unha grande afluencia de público dende primeira hora da mañá. A pregoeira deste ano, María Lado, escritora, poeta e actriz, mostraba a súa debilidade pola lectura dende que era unha nena. “Os libros déronnos case todo: fixéronnos chorar, rir, pensar, sacáronnos de viaxe, sacáronnos da casa durante a pandemia…, por elo, agasallar un libro é un das cousas máis grandes que hai”. No acto tamén estivo presente a subdelegada do Goberno, María Rivas, que lembrou as iniciativas postas en marcha coma o Bono Cultural Xove, e animou aos presentes a difundir a cultura da lectura. O alcalde, Evencio Ferrero, afirmou que o evento pretende ser algo máis ca un evento adicado ao libro, apostando por un formato propio da Praza dos Libros, e onde libros, libreiros e lectores son os verdadeiros protagonistas.

Ademais de atún con pan, o sector ofrece un 10% de desconto en todos os títulos, e con cada libro entregarán unha tarxeta rasca coa que poderán conseguirse premios directos: libros, mochilas, bolígrafos, chaveiros… As casetas estarán abertas ao público de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 horas. Nesta edición as librarías presentes son Trasgo, Teldy, Brañas Verdes, Clarión e Espiral Maior Foro, de Carballo; Á lus do candil, de Arteixo; A gata tola, de Santiago, e Caldeirón, de Malpica.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?