As Escolas Luís Calvo Sanz recuperan o seu torneo máis internacional, no que se darán cita os mellores equipos de Galicia, así como clubs nacionais e internacionais. O Torneo Internacional Alevín Concello de Carballo volverá encher do mellor fútbol ao Estadio Municipal de As Eiroas, na súa décimo sexta edición. Un torneo de todos e para todos que se consolida ano tras ano no fútbol basee nacional e internacional, que só se viu interrompido pola pandemia sanitaria que impediron celebralo durante dous anos. Agora as Escolas Luís Calvo Sanz recuperan o seu torneo no que se darán cita os mellores equipos de Galicia, así como tamén participarán clubs nacionais e internacionais. O XVI Torneo Internacional Alevín Concello de Carballo terá lugar na fin de semana do 18 e 19 de xuño. Nesta nova edición son 8 os equipos participantes:
- RC Deportivo
- RC Celta
- Pabellón Ourense
- CD Lugo
- Selección da Costa Alevín
- Sporting de Gijón
- Academie Caiman FC (Senegal)
- EF Luis Calvo Sanz, como anfitrión