O mellor trial de Galicia fixo vibrar o monte Faro de Vimianzo por segundo ano consecutivo

Despois de que as condicións meteorolóxicas obrigaran a aprazar a xornada do día 19, os motores do Campionato Galego de Trial volveron ruxir en Vimianzo. A cita, organizada polo Moto Club ‘O Petouco’ en colaboración coa Federación Galega de Motociclismo e o Concello de Vimianzo, reuniu dende primeira hora da mañá deste domingo a competidores de distintas partes de todo Galicia.

As rochas, o barro e a auga fixeron deste espazo o lugar ideal para poñer a proba as capacidades dos deportistas, que mediron as súas forzas a pesar das malas condicións meteorolóxicas.

Foi un circuíto pechado dividido en 10 zonas sinalizadas ao que os pilotos deberán dar dúas voltas en cada unha das categorías establecidas. Estes foron os gañadores:

TR1 – Xurxo Neo Suárez

TR3 – Ángel Froilán Fernández Arosa

TR4 – Yoesdan Hernández Siles

TR5 – Jorge Sánchez Rivas

TR 4 infantil – Marco Labayos Fernández

TR 5 infantil – Kilian Marques Taimil

Alevín – Mateo Cobas Ogando

Clásicas A – Antonio Pérez Orozco

Clásicas B – Esteban Martínez Bello

Related posts

Un home de 55 anos faleceu este domingo en Cospeito por un ataque de velutinas

O PSOE de Muxía denunciará algunhas decisións do Goberno local ante a Valedora do Pobo

O Concello da Laracha impulsa unha nova campaña de apoio ao comercio local