O Concello de Cabana de Bergantiños aposta pola promoción da conciliación familiar durante as vacacións de Semana Santa cunha nova edición do programa Meniñeiro Semana Santa, posto en marcha desde a área de Servizos Sociais.
A iniciativa desenvolverase os días 25, 26 e 27 de marzo e horario de 10:00 a 14:00 horas na Casa da Cultura e nela levaranse a cabo actividades lúdicas e educativas dirixidas a nenas e nenos nados entre os anos 2012 e 2020.
O prazo para presentar as solicitudes abrirá este luns, 4 de marzo e manterase en vigor ata o venres, día 8 de marzo. As persoas que desexen realizar a súa solicitude deberán facelo presentando xunto co documento, o DNI da nai, pai ou titor do menor. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición, e a partir do día 14 de marzo contactarase telefonicamente coas familias dos menores admitidos.