O Mercado Mariñeiro de Malpica celebrarase do 17 ao 20 de agosto

1 minutes read

A concellaría de Turismo e Festexos que dirixe Alfredo Cañizo volve a organizar o Mercado Mariñeiro de Malpica. O evento levarase a cabo os días 17, 18, 19 e 20 de agosto na Rúa Eduardo Vila Fano. Serán catro xornadas nas que haberá postos de artesanía e restauración e todos os días os visitantes poderán gozar dende as 11:00 ata as 22:00 horas da feira e de diversas actividades tales como: exhibición en vivo do soprado de vidro, photocall pirata e mariñeiro, xogos tradicionais (Rúa Campo) e cama elástica. Ademáis, haberá espectáculos de danza e lume, pasarrúas musical e corsaria, taller de circo, conta contos, musical cos piratas Turbión, e moitas actividades máis.

Promo do evento.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?