O mercado municipal de Carballo acolle unha acción especial de promoción do tradicional boliño de Pascua

Con motivo da chegada da Pascua, este martes 31 de marzo e o mércores 1 de abril, o mercado municipal de Carballo acolle unha acción especial de promoción do tradicional boliño de Pascua, un produto emblemático da gastronomía local.

Durante estas dúas xornadas, por cada compra realizada nos postos do mercado entregarase un vale que poderá trocarse por un boliño no posto de Panadaría Nuria, en horario de mañá.

Co obxectivo de favorecer o acceso ao maior número posible de persoas, establécese un límite máximo de un boliño por persoa e día, ata esgotar existencias.

Esta iniciativa enmárcanse no Plan de dinamización do mercado municipal, que ten como obxectivo reforzar o vínculo entre a veciñanza e o mercado, impulsar o comercio de proximidade e consolidar unha programación estable de actividades ao longo do ano.

O plan conta coa colaboración da asociación profesional A Praza, recentemente creada para representar ao sector e participar activamente na promoción e mellora do mercado.

Related posts

Un Paso Máis e a USC unen camiños para potenciar a formación de futuros profesionais en educación

Nace a plataforma ‘Stop Biogás A Laracha’, para esixir a cancelación do proxecto da planta proxectada en Soandres

Malpica impulsa un ciclo de contacontos cunha nova edición de “Tardes na Biblioteca”