- O xoves 25, ao ser festivo local en Carballo, a praza de abastos estará aberta só pola mañá
Dentro das accións encamiñadas a restablecer o funcionamento habitual dos servizos públicos, e sempre tendo en conta as medidas de protección contra o coronavirus, o Mercado Municipal de Carballo recuperará o seu horario habitual de mañá e tarde a partir do día 22, aínda que nesta primeira semana a volta á normalidade estará condicionada polos festivos dos días 24 e 25. Neste último, ao coincidir en xoves, a praza de abastos estará aberta só pola mañá.
O horario do Mercado Municipal de Carballo a partir do luns será de 08:30-14:00 horas e de 17:00-20:00 horas, de luns a venres. Os sábados e os domingos de feira estará aberto só pola mañá.
Máis novas Esta semana tamén se retomou o reparto de composteiros que quedara paralizado en marzo como consecuencia da crise sanitaria provocada polo coronavirus. O programa de compostaxe doméstica conta xa con 342 usuarios, fogares na súa maior parte, pero tamén entidades e colexios.