‘O mercado na fin do Camiño’ chega esta fin de semana a Corcubión


A área de Turismo da Deputación da Coruña organiza esta fin de semana ‘O mercado na fin do Camiño’ coa participación de máis de 15 artesás e un amplo programa de actividades culturais e de lecer para todos os públicos e idades.

O mercado, que se instalará na praza Castelao de Corcubión, estará aberto ao público de 12:00h a 20:00h ininterrumpidamente tanto o sábado 4 como o domingo 5 de decembro. No mercado participarán artesás que traballan en ámbitos moi diversos, desde a xoiería, a bisutería e o coiro, ata a ilustración, a cerámica ou o encaixe.

Tamén durante as dúas xornadas están previstas ‘sesións vermú’ e ‘sesións tardeo’ amenizadas por DJ’s, un recital poético, e diversos obradoiros como de maquillaxe para crianzas, de arte efémera ou de diversas técnicas de artesanía.