O mércores 1 de xullo abrirán ao público o Museo Man de Camelle e o Museo Encaixe Camariñas

Cedida.

⏰ O horario ata finais do mes de setembro será de martes a domingo, de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas.
➡️Será obrigatorio o uso de máscaras.
➡️ Instalaranse dispensadores de xel hidroalcohólico nas zonas de acceso.
➡️ Haberá elementos de protección no despacho de billetes.
➡️ Eliminaranse os folletos. Na páxina web poderá consultarse o plano e os contidos do percorrido.
➡️ Haberá un aforo máximo que se controlará nos accesos.
➡️ Só poderán realizar a visita conxuntamente os núcleos de persoas convivintes
➡️ Haberá que gardar a distancia de 1,5 metros entre visitantes.
➡️ Non se poderá tocar superficies no interior.
➡️ As visitas guiadas deberán solicitarase no correo electrónico museos@camarinas.net ou no teléfono 981 710 224.

O mesmo día, ás 11 horas, tamén se producirá a apertura da nova aula ‘Raquel Moreira Carril’ no museo do Encaixe, unha homenaxe á que fora técnica do museo e profesora da escola municipal de palillo. O acto será só aberto para a familia e compañeiros e compañeiras do Concello de Camariñas.

🗣 “Decidiuse darlle á aula o nome de Raquel porque era unha persoa coñecida e querida por todo o pobo, que amaba o encaixe e que se esforzaba por transmitir o que significa esta tradición tanto aos máis pequenos como a todo aquel que visitaba o museo. Era unha verdadeira embaixadora de Camariñas e merece ser recordada e homenaxeada”, explicou a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha