O metal celebrou outro día de folga cunha proposta da patronal para retomar a negociación

1 minutes read

Na quinta xornada de folga por un convenio digno, o persoal do metal volveu dar unha lección de dignidade, resistencia e capacidade de mobilización fronte ao bloqueo patronal da negociación colectiva e as súas ameazas. Cun seguimento que medra cada xornada, as traballadoras e traballadores teñen claro que só través da loita conseguirán mover ao empresario da súa inacción e acadar un convenio que mellorar os salarios, combater a precariedade e avanzar nos dereitos. A CIG-Industria agarda que a patronal tome nota da firme da demostración de forza do sector nestes cinco días de folga e acuda á reunión con auténtica vontade de negociar, traslade propostas “dignas de ser estudiadas” e abandone a estratexia de dilación e ameazas que até o momento imposibilitou calquera achegamento de posturas.