«O meu mundo non é deste reino», este domingo en Malpica

Imaxe da obra "O meu mundo non é deste reino"

  • A obra terá lugar no Centro Cívico da vila a partir das 18:00 horas

O Centro Cívico de Malpica acollerá mañá, ás 18:00 horas, a obra «O meu mundo non é deste reino» da compañía Teatro da Ramboia. Será necesario ter reserva. O aforo estará limitado ao 30% e deberán cumprirse as medidas sanitarias vixentes.

Sinopse: dous maleantes chegan a unha parada no seu camiño despois de días de longa viaxe cara á Feira do Vento. Traen consigo unha carga enorme de todo tipo de obxectos estraños que intentan vender aos veciños do lugar. Como os máis experimentados vendedores de fume, deixan o seu ben máis atesourado para o final: un tutilimundi que contén no seu interior ao condenado reino de Bululú e os seus habitantes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha