O Ministerio de Ábalos confirma AVE a Galicia e conexión ferroviaria a Langosteira

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, foi recibido en Madrid polo ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos. Sobre as bonificacións das peaxes da AP-9, o ministro dixo que seguen traballando no real decreto para aplicar as bonificacións e coincide con Feijóo en deseñar xuntos o modelo de descontos, ademais desde o Ministerio confirmouse a posta en servizo do AVE a finais deste ano. Feijóo pediulle a Ábalos ter encontros periódicos para falar das infraestruturas pendentes. O ministro aceptou e a seguinte xuntanza será en abril en Galicia. Feijóo valorou especialmente o compromiso expresado polo Ministro de Transportes de financiar a conexión ferroviaria do porto exterior de Punta Langosteira. E, doutra banda, continuar a traballar conxuntamente na procura de solucións para a situación financeira do porto e para o futuro dos terreos portuarios.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha