O Ministerio de Cultura premia o labor de 13 bibliotecas galegas

Cedida.

A Delegación do Goberno informa de que o Ministerio de Cultura e Deporte premiou en Galicia 13 proxectos de animación á lectura presentados por bibliotecas públicas municipais no marco da XXII edición dos Premios María Moliner. Estes galardóns son concedidos polo Ministerio en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e están dirixidos a propostas presentadas por bibliotecas de concellos de menos de 50.000 habitantes. O importe total co que foron galardoadas as bibliotecas da Galicia ascende a 36.111 euros a razón de 2.777 euros por biblioteca e proxecto.

Os premios recoñecen aos mellores proxectos de animación á lectura dirixidos a todos os veciños, especialmente a colectivos con dificultades para o acceso á lectura, en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma respectiva. En total presentáronse en toda España 547 proxectos dos que foron seleccionados 370, que poderán destinar a contía dos premios principalmente a compra de libros e/o publicacións periódicas por parte das bibliotecas públicas.

O Goberno destaca as propostas presentadas polos concellos de Ares, Ortigueira, Mañón, Oleiros, Sober, Ribadavia, Verín, Esgos, O Pereiro de Aguiar, Campo Lameiro, O Grove, Pazos de Borbén e Soutomaior.