Os transportistas recibían a chamada do Ministerio de Transición Ecolóxica na tarde deste xoves. O obxectivo: poñer en marcha as primeiras medidas para paliar a súa situación tras máis de cinco meses sen traballar polo cese de actividade na central térmica de Endesa nas Pontes. Polo de agora manterán o peche no concello.
Na xuntanza do chamado comité de crise, que aglutina a representantes de todos os sectores implicados, tamén se decidiu manter a convocatoria de folga xeral nas Pontes para o día 16 e a manifestación a Madrid. Nesta mesa tamén estiveron presentes os empresarios.