O ministro español de Asuntos Exteriores José Manuel Albares foi terminante co proceso que levou á reelección de Daniel Ortega para un cuarto mandato consecutivo: «Foi unha burla, unha burla ao pobo de Nicaragua, unha burla á comunidade internacional e sobre todo unha burla á democracia. Careceron das mínimas garantías democráticas esixibles. Nestas circunstancias, o Goberno rexeita dar credibilidade e lexitimidade aos resultados». As declaracións de Albares seguen a senda de rexeitamento da Unión Europea cuxo Alto representante para Asuntos Exteriores Josep Borrell cualificou de «fake«, campaña e convocatoria electoral en Nicaragua. O Goberno español denunciou a ausencia de oposición nos comicios e a persecución e veto a xornalistas locais e internacionais.
35