36
Unha delegación rusa encabezada polo ministro de Defensa, Serguéi Shoigú, chegou a Corea do Norte. Os rusos son xunto a un grupo chinés os primeiros visitantes públicos do país desde o comezo da pandemia. As dúas delegacións participan nas celebracións do 70 aniversario do Día da Vitoria este xoves en Pionyang.
«A delegación militar rusa dirixida polo ministro de Defensa da Federación de Rusia, o xeneral do exército Serguéi Shoigu, chegou á República Popular Democrática de Corea (RPDC)» lese nun comunicado.
Rusia é un aliado acérrimo de Corea do Norte. O líder Kim Jong Un mostrou un apoio inquebrantable á invasión rusa de Ucraína e, segundo Washington, proporcionou armas a Moscova.